Puntos de venta por ciudades, provincia, autonomía, países,...

Una gran arma de marketing que genera clientes de confianza y marca de empresa

Distribuidor / Tienda, demande a su proveedor de alimentos o vinos que le apoye mediante mapas de puntos de venta . Su uso

Distributor / Shop, ask your food or wine supplier to support you through point-of-sale maps . Using it

Distribuïdor / Botiga, demani al seu proveïdor d'aliments o vins que li doni suport mitjançant mapes de punts de venda . Fer-ne us

We export wines and food from Spain. Demand it to winesinform@gmail.com

Puede pedir vinos y alimentos de España a winesinform@gmail.com

On the work of buyer . Sobre el trabajo de comprador .

See some products and prices at Perennial tender - Oportunidad permanente

Vea algunos productos y precios en Perennial tender - Oportunidad permanente

viernes, 30 de octubre de 2009

Xosé Luís Mateo, viticultor


Xosé Luís Mateo, viticultor

‘Gustoume que un tinto galego lograse sona internacional’

Alberte Rivero .

Humilde, introvertido e especialmente vocacional, aos vinte e tres anos decidiu que o seu futuro estaba en Verín e non en Madrid, onde estudaba daquelas. Dende hai dezasete levou a súa adega, Quinta da Moradella, e os viños Gorbia e A Trabe a ser os máis premiados, con recoñecemento internacional incluido, figurando con moi boa puntuación na guía Parker. Xosé Luís Mateo asegura que o que desexaría é non perder nun futuro a tradición que herdou dos antepasados.
11.04.2009 09:27

Mateo mantén catorce hectáreas propias e supervisa outras doce parcela situadas a carón de Verín. Hoxe en día contar cunha botella de A Trabe tinto do 2005 é ter un pequeno tesouro. A edición limitada de cincocentas botellas e a imposibilidade, por razón climatolóxicas, de elaborar este viño nos últimos dous anos elevou aínda máis o prestixio otorgado pola guía Parker. Os viños de Quinta da Moradella están hoxe en día en Xapón, Estados Unidos e centro Europa.
A súa adega deu un salto enorme nos últimos anos.
A min sorpréndeme, porque o único que prentendín dende o principio é facer o que me gusta e na miña terra. Tamén me sorprende cando vexo botellas en restaurantes de alto standing de fóra de España ou en revistas. Aínda que non o busquei, é certo que os premios te consagran e, ás veces, pódente fundir.
A Trabe foi o primeir viño tinto galego con recoñecemento internacional?
É un proxecto meu e de Rául Pérez. Gustáronme todos os piropos internacionais que tivo porque, por fín, os tintos galegos lograron sona. Até ese momento, os americanos e en algúns medios de comunicación de fóra non os tiñan en conta ou minusvalorábanos. Este viño é un reflexo da viña, moi difícil de traballar, totalmente a man. Nunha zona deprimida, na aldea da Trabe, é onde vin que era necesario pisar a uva coma se facía hai anos, por iso e por toda a xente que estivo traballando alí ao longo dos tempos, alégrome moito máis.
A partir dese momento a demanda multiplicouse?
É o bonito e tamén triste, que unha persoa de fóra recoñeza o traballo que fas. Polo poder dos medios comezas a recibir chamadas de todas partes do mundo, incluso de Suláfrica. Pasas do cero ao infinito en nada, por unha valoración. Desbordáronme as solicitudes, porque desta parcela só saen cincocentas botellas.

Orgen información: Anosaterra

No hay comentarios:

Publicar un comentario