Puntos de venta por ciudades, provincia, autonomía, países,...

Una gran arma de marketing que genera clientes de confianza y marca de empresa

Distribuidor / Tienda, demande a su proveedor de alimentos o vinos que le apoye mediante mapas de puntos de venta . Su uso

Distributor / Shop, ask your food or wine supplier to support you through point-of-sale maps . Using it

Distribuïdor / Botiga, demani al seu proveïdor d'aliments o vins que li doni suport mitjançant mapes de punts de venda . Fer-ne us

We export wines and food from Spain. Demand it to winesinform@gmail.com

Puede pedir vinos y alimentos de España a winesinform@gmail.com

On the work of buyer . Sobre el trabajo de comprador .

See some products and prices at Perennial tender - Oportunidad permanente

Vea algunos productos y precios en Perennial tender - Oportunidad permanente

jueves, 10 de noviembre de 2016

A produción da IXP Pataca de Galicia, ás portas de ampliarse a todo o país. Pasarán a seren amparadas pola Indicación Xeográfica as variedades de pataca Agria e a Fina de Carballo, ademais da Kennebec


A produción da IXP Pataca de Galicia, ás portas de ampliarse a todo o país

Pasarán a seren amparadas pola Indicación Xeográfica as variedades de pataca Agria e a Fina de Carballo, ademais da Kennebec

A pataca de Galicia avalada co selo da súa Indicación Xeográfica Protexida poderá ser producida en calquera punto de país se conclúe con éxito o procedemento xa en marcha.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) do 4 de novembro recolle a decisión favorable da Consellería do Medio Rural a este respecto, tras petición previa do Consello Regulador.

O seguinte paso na súa tramitación corresponde á Unión Europea, coa inscrición no rexistro comunitario do prego de condicións.

Ata o momento, o selo só permitía o cultivo e envasado en catro subzonas de produción: Bergantiños (A Coruña); Terra Cha – A Mariña (Lugo); Lemos (Lugo) e máis A Limia (Ourense).

Por outra banda, as patacas acollidas á certificación de calidade da I.X.P. xa non terán que ser só do tipo Kennebec, pois tamén ampararanse as variedades Agria e Fina de Carballo, se o proceso remata satisfactoriamente.

Segundo recolle o comunicado da Consellería:

“Independentemente da variedade de que se trate, as patacas acollidas a esta indicación xeográfica teñen unha pel de aparencia lisa e fina e caracterízanse por unha textura firme ao tacto e cremosa ao ser cocidas e consistente en boca. A súa calidade para o consumo é excelente, destacando polo seu contido en materia seca e por manter as súas calidades de cor, aroma e sabor despois de ser cociñadas”.

Pataca de Galicia, en datos

Segundo os datos ofrecidos dende o Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia, o selo facturou no 2015 un valor de 3,4 millóns de euros ao comercializar 4,2 toneladas deste produto. Actualmente están inscritos un total de 65 produtores e 9 almacenistas, que traballan un total de 193,15 hectáreas.

Fonte de información: Ben Bo

No hay comentarios:

Publicar un comentario