Puntos de venta por ciudades, provincia, autonomía, países,...

Una gran arma de marketing que genera clientes de confianza y marca de empresa

Distribuidor / Tienda, demande a su proveedor de alimentos o vinos que le apoye mediante mapas de puntos de venta . Su uso

Distributor / Shop, ask your food or wine supplier to support you through point-of-sale maps . Using it

Distribuïdor / Botiga, demani al seu proveïdor d'aliments o vins que li doni suport mitjançant mapes de punts de venda . Fer-ne us

We export wines and food from Spain. Demand it to winesinform@gmail.com

Puede pedir vinos y alimentos de España a winesinform@gmail.com

On the work of buyer . Sobre el trabajo de comprador .

See some products and prices at Perennial tender - Oportunidad permanente

Vea algunos productos y precios en Perennial tender - Oportunidad permanente

lunes, 28 de julio de 2008

Xosé Boado: a xeración adegueira recobrada

Xosé Boado: a xeración adegueira recobrada

[04/02/2003 13:23] Leva a metade dos 37 anos que ten dedicado ao viñedo familiar, primeiro simultanea cos estudios, e xa logo, aplicándose con exclusividade a esta tarefa. Pertence á xeración máis preparada e con máis futuro que tivo nunca o sector vitivinícola na Galiza. É titular da Bodega Boado Chaves, de Cambados, na D.O. Rías Baixas, unha sólida adega que elabora a uva procedente das cepas albariñas que o seu pai, Xosé Boado, - un dos iniciadores da recoversión do viñedo no Salnés-, chantou no oco deixado polas cepas híbridas, arrincadas en 1974. Unha entrevista de Carlos Bouzada.
Na abondosa colleita do 2001 acadou a cifra de 70.000 botellas. Conta, sen presunción pero consciente da súa importancia, que a súa marca de albariño, O Casal, foi a segunda rexistrada no Salnés, logo de Fefiñanes, no ano 1978. O asesoramento enolóxico estivo en mans de dous grandes expertos en Galiza: Emilio Vidal, primeiro, e logo Luciano Amoedo, dos que Xosé Anxo reclámase discípulo. Cultiva cinco hectáreas de viñedo propio que nestes momentos está a ampliar en catro máis. A súa proposta é ben doada: defender a identidade do albariño. No ano 1988 foi aprobado o regulamento da D.O. Rías Baixas e do seu Consello Regulador.¿Como era a zona vitícola antes e que cambiou dende a súa creación ?. O precedente da D.O. Rías Baixas está na denominación específica Albariño, que foi o modelo proposto inicialmente. Ata aquel momento a producción de uva albariño e a elaboración do seu viño estaba localizada basicamente no Salnés, considerado o berce do albariño. O branco do Salnés era o único que se elaboraba en monovarietal, é dicir, exclusivamente con albariño, sen mesturar con outras uvas, ao contrario do que acontecía no Rosal ou no Condado. O albariño do Salnés foi utilizado interesadamente, e non precisamente en beneficio do Salnés. Naquel momento dedicábanse á producción de viño albariño arredor de vinte adegas familiares, que embotellaban dúas ou trescentas mil botellas entre todas e, por suposto, sen etiquetar. Tratábase dun viño de culto: viñan, en peregrinación, na súa procura, hostaleiros e particulares como se dun tesouro se tratase. A partir da creación do Consello Regulador prodúcese unha explosión desaforada: multiplícanse progresivamente o número de botellas, de bodegas e máis de hectáreas cultivadas, primeiro nas zonas clásicas, onde xa existía a variedade, e despois en zonas onde practicamente non había precedentes da variedade. Así pasamos das 230 Ha. do ano 1988 as 2.700 Ha., na actualidade. Hai nas túas palabras un arrecendo localista, quizais un enfoque moi centrado no Salnés. Posiblemente, os teus colegas do Rosal ou do Condado poderían utilizar magníficos argumentos xusto no sentido contrario. Que non se me entenda mal. No Rosal e no Condado facíanse, sen dúbida, magníficos brancos pero que eran plurivarietais e moi característicos en cadansúa zona. A denominación Rías Baixas nace a partir do viño albariño, o que tiña unha producción de certa importancia e un indiscutible prestixio. As subzonas antes citadas apúntanse a elaborar viño monovarietal albariño, cando antes non era a súa especialidade. O peso da denominación correspóndelle, pois, ao albariño. Nese sentido, o Salnés saíu danado. Utilizouse o nome e o prestixio que tiña para estender a denominación a outras zonas sen relación anterior coa uva. As sucesivas ampliacións, que parecen non ter límite, inciden negativamente no carácter de exclusividade que ten o concepto de denominación e fai que perda a súa razón de ser. O valor inicial dunha denominación de orixe, o seu tirón comercial, está na delimitación dunha zona xeográfica. Se esta se amplía constantemente, ese valor pérdese. Por eso digo que o Salnés saíu danado. ¿Cal é a función do Consello Regulador dentro da Denominación de Orixe?O papel dos consellos reguladores, por lei, é o control da orixe e a calidade dos viños que ampara, garantir que se vinifica uva producida en fincas inscritas no Consello Regulador, que se trate de variedades autorizadas e que exista un control posterior da calidade do viño elaborado. No caso de Rías Baixas hai, ao meu xeito de ver, unha preocupación excesiva pola promoción comercial. Entendo que é un tema alleo ao Consello Regulador. As cuestións comerciais débense facer dende as empresas, dende as propias adegas, por asociacións empresariais, etc. Non é un cometido específico deste. Proximamente entrará en vigor a nova lei do viño que inclúe directrices europeas e reemprazará a anterior, do ano 1970. ¿Como vai ser a súa aplicación en Galiza? Está por ver. As autonomías teñen competencias neste sentido e poden, e deben, adaptar a lei a cada caso concreto, dentro do marco xeral. Os políticos galegos teñen que se decatar de que o sector, polo camiño que vai non vai ben, e que o fundamental, para que as cousas comecen a verse con expectativas de futuro, é dotar de transparencia e independencia aos consellos reguladores, e democratizalos dunha vez por todas. Isto é básico. ¿Queres dicir que a Administración ten a oportunidade de adaptar a lei á realidade galega?Exacto. Claro, é unha oportunidade, pero que agocha un certo perigo. É unha arma de dobre fío. Precisamente con esta lei poden sentarse as bases para que o futuro do viño galego sexa excelente pero un erro agora sería un erro histórico, un desastre. Se, por calquera tipo de presións, esta lei non se fai ben, seguindo as directrices que marca Europa (democratizando os consellos, como xa dixen antes), o viño galego sufrirá un dano irreparable. A entrevista completa, na versión impresa de TEMPOS (xaneiro 2003, nº 68)
Origen información: Vieiros

No hay comentarios:

Publicar un comentario