jueves, 10 de noviembre de 2016
A produción da IXP Pataca de Galicia, ás portas de ampliarse a todo o país. Pasarán a seren amparadas pola Indicación Xeográfica as variedades de pataca Agria e a Fina de Carballo, ademais da Kennebec
A produción da IXP Pataca de Galicia, ás portas de ampliarse a todo o país
A pataca de Galicia avalada co selo da súa Indicación Xeográfica Protexida poderá ser producida en calquera punto de país se conclúe con éxito o procedemento xa en marcha.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) do 4 de novembro recolle a decisión favorable da Consellería do Medio Rural a este respecto, tras petición previa do Consello Regulador.
O seguinte paso na súa tramitación corresponde á Unión Europea, coa inscrición no rexistro comunitario do prego de condicións.
Ata o momento, o selo só permitía o cultivo e envasado en catro subzonas de produción: Bergantiños (A Coruña); Terra Cha – A Mariña (Lugo); Lemos (Lugo) e máis A Limia (Ourense).
Por outra banda, as patacas acollidas á certificación de calidade da I.X.P. xa non terán que ser só do tipo Kennebec, pois tamén ampararanse as variedades Agria e Fina de Carballo, se o proceso remata satisfactoriamente.
Segundo recolle o comunicado da Consellería:
“Independentemente da variedade de que se trate, as patacas acollidas a esta indicación xeográfica teñen unha pel de aparencia lisa e fina e caracterízanse por unha textura firme ao tacto e cremosa ao ser cocidas e consistente en boca. A súa calidade para o consumo é excelente, destacando polo seu contido en materia seca e por manter as súas calidades de cor, aroma e sabor despois de ser cociñadas”.
Pataca de Galicia, en datos
Segundo os datos ofrecidos dende o Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia, o selo facturou no 2015 un valor de 3,4 millóns de euros ao comercializar 4,2 toneladas deste produto. Actualmente están inscritos un total de 65 produtores e 9 almacenistas, que traballan un total de 193,15 hectáreas.
Fonte de información: Ben Bo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario